Rafa Domínguez reclama "menos composteiros comunitarios en pleno centro e máis limpeza"
Por Redacción
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, puxo de manifesto este mércores o "terrible déficit de limpeza e o moi mellorable servizo de recollida de lixos" da cidade. Dous feitos que, en determinados puntos tanto do rural como do propio centro urbano, "están a xerar problemas de salubridade".
É por iso que o portavoz dos populares solicitará no próximo Pleno municipal un estudo para a recolocación dos contedores de lixo no centro urbano.
A esa demanda, súmase a petición dos populares de importar o modelo de recollida de lixo porta a porta aplicado en Oviedo, segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), a cidade máis limpa de España.
Segundo indicou Rafa Domínguez, "Pontevedra é a cuarta cidade española coa taxa de lixos máis alta e a cidade galega na que máis pagamos, segundo datos da OCU. Nunha situación normal, este servizo que recibimos sería excelente, pero o que temos en cambio é unha prestación pésima. A acumulación de lixo no primeiro tramo da rúa Rosalía de Castro é esaxerada e o Concello pouco ou nada fai para emendar a situación. Menos composteiros comunitarios en pleno centro e máis limpeza", expresou nun comunicado de prensa.
O PP propón unha mellora da recollida en áreas especialmente sensibles, como son zona monumental e áreas comerciais. Neste sentido, Domínguez apuntou que "non ten xustificación que haxa unha fila de contedores no lateral do noso Teatro Principal, un dos edificios máis emblemáticos da nosa cidade; nin ten xustificación que o Colexio Médico de Pontevedra, lugar que representa a este colectivo da nosa cidade, precisamente no ano da pandemia, teña unha muralla de contedores que dificulta o seu acceso".
Relacionadas:
-
O novo contrato do lixo, primeira parada dunha ofensiva do PP contra a "indiferenza" de Lores cara ao rural
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sete novos composteiros comunitarios para celebrar o Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2 en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Rafa Domínguez retoma a súa rolda semanal de visitas a parroquias dun rural que ve en "profundo abandono"
Por Redacción |
-
O PP solicita un estudo para resituar os contedores de lixo ao entender que "atentan contra o comercio"
Por Redacción |
-
O PP alerta doutra "esterqueira" para denunciar o mal funcionamento do servizo de limpeza en Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP urxe ao Concello unha actuación "integral e inmediata" en diferentes puntos da cidade que cualifica como "estercoleros"
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez, en Oviedo: "Hai alternativas para ter unha cidade máis limpa"
Por Redacción |