O nivel máximo de alerta mantense no Grove e seis concellos da área sanitaria soben ao nivel medio
Por Redacción
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia da covid-19 mantén no nivel máximo de alerta e de restricións ao concello do Grove, ao que este venres uniuse o de Carballeda de Valdeorras xunto co da Pobra do Caramiñal. Nun nivel inferior atópanse outros oito municipios, dos que só A Illa de Arousa pertence ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
O municipio meco entrará o luns nun peche perimetral ata que a incidencia acumulada se reduza. Sobre a situación no municipio falou este venres o alcalde José Cacabelos, quen defendeu o cumprimento da hostalería e recoñeceu que os contaxios están a producirse no ambiente familiar de forma maioritaria. "A situación é complexa, temos 7 positivos máis, estamos en 60. Estase facendo un cribado, que permite identificar asintomáticos. O virus segue con nós e temos este repunte", declarou o rexedor, quen admite que a poboación está "cansa" pero apela á responsabilidade individual para dobregar a curva.
Sobre a situación do Grove pronunciouse tamén o alcalde do veciño municipio de Sanxenxo, que suma 28 casos e mantense en nivel medio. " Non benefícianos ou peche perimetral", declarou Telmo Martín confiado de que nos próximos días, como xa ocorreu na vila turística, os datos comezarán a mellorar.
No mesmo nivel que Sanxenxo atópanse Ribadumia, Vilaboa, Vilanova, Sanxenxo, Meis e Soutomaior, mentres que no resto de municipios o nivel de alerta segue sendo baixo.
"Estamos a pagar a Semana Santa. Estabamos moi ben con dous casos pero agora estamos en trece. Aínda así, é menor que a subida de Nadal", declarou o rexedor de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, que confía que a próxima semana, na que se esperan varias altas, caia a incidencia acumulada.
As novas restricións, que implican redución de aforos en hostalería e limitación de reunións entre non conviventes tanto na vía pública como en interiores, comezarán a aplicarse a partir da medianoite do luns 12 de abril.
Doutra banda, o Sergas continúa cos cribados en diversos municipios de Galicia coa incidencia acumulada máis alta para detectar asintomáticos e cortar a transmisión. Mentres que na xornada de onte, xoves 8 de abril, foron administradas en Galicia 33.229 dose de vacinas.
Relacionadas:
-
O Grove mantense no nivel máximo de restricións e crece a preocupación en Marín, en nivel medio
Por Natalia Puga |
-
Os novos contaxios por covid na área sanitaria dispáranse ata os 40 e os casos activos soben a 357
Por Diego Espiño |
-
Os cribados para detectar asintomáticos no Grove confirman os positivos de 5 menores e 7 adultos
Por Redacción |
-
A semana iníciase na área sanitaria con 30 novos contaxios de covid e 327 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Detectados 24 novos contaxios de covid nunha xornada con máis dun milleiro de probas PCR realizadas
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria volve superar os 300 casos activos de covid case un mes despois
Por Diego Espiño |
-
Nivel máximo de restricións para O Grove e alto para A Illa mentres Sanxenxo pasa a nivel medio
Por Redacción |
-
O subcomité clínico mantén o nivel alto de restricións para Sanxenxo tamén a partir do Luns Santo
Por Redacción |