Detido un mozo de 24 anos que vendía droga na contorna da ponte da Barca
Por Oskar Viéitez
A Policía Nacional de Pontevedra detivo un veciño de Pontevedra de 24 anos de idade, con antecedentes policiais, por un delito de tráfico de drogas pola venda polo miúdo de haxix, marihuana e cocaína a terceiras persoas.
Segundo informaron desde fontes oficiais da Comisiría de Pontevedra, as informacións iniciais partiron de axentes policiais doutras unidades nas que poñían en coñecemento do grupo de Prevención da Delincuencia que nun punto da cidade, a contorna da ponte da Barca, poderíase estar a vender droga "polo miúdo" cunha continua trasfega de persoas para adquirir substancias estupefacientes.
En base estas informacións os axentes iniciaron as pescudas que desembocaron na incautación de varias vendas de pequenas cantidades de haxix, marihuana e cocaína a outros tantos compradores.
Os axentes observaron un intercambio con outro mozo no momento de extraer unha bolsiña que levaba nun peto do pantalón e o outro lle entregaba 50 euros.
Tras identificarlles, nun cacheo de seguridade, os axentes policiais interviñéronlle dous envoltorios plásticos con cocaína, tres billetes de 50 euros e unha bolsiña con varios cogollos de marihuana que ocultaba na súa roupa interior.
Por todo iso os axentes policiais pertencentes ao grupo de prevención da delincuencia da Brigada de Prevención de seguridade cidadá detivo ao presunto autor por un delito contra a saúde pública.