Os expertos da 'Facultade Ágora' alertan da "urxente necesidade" de facer as cidades máis vivibles e saudables
Por Redacción
A primeira xornada da 'Facultade Ágora' da Deputación deixou claro que é necesario que cidades e vilas modifiquen de maneira urxente o seu deseño e organización e se reorienten cara a modelos centrados nas persoas e non nos coches tanto por cuestións de saúde como de medio ambiente.
Así o deixaron claro todos os profesores que interviron este venres: o urbanista José Fariña, o especialista en medio ambiente urbano Salvador Rueda, así como os representantes políticos que protagonizaron o coloquio 'O espazo público como dereito', o vicepresidente César Mosquera, o tenente de alcalde e responsable de Mobilidade de Bilbao Alfonso Gil, e o ex concelleiro de Torrelodones Santiago Fernández.
A xornada contou coa asistencia de máis de 200 representantes políticos de concellos da provincia, así como de persoal técnico relacionados co espazo público tanto dos municipios pontevedreses como tamén de fóra de Galicia, inscritos co obxectivo de formarse para a toma de decisións que supoñan a creación de espazos públicos de calidade para as persoas.
O primeiro profesor en participar foi o urbanista José Fariña, que argumentou cuestións de saúde, xa que o modelo baseado no automóvil é un modelo sedentario, contaminante e insostible porque consume recursos do planeta que non se poden soportar, e subliñou que o cambio de modelo cara ás persoas é máis sano.
O profesor dixo que para acadar o cambio de modelo hai que centralo en tres grandes liñas de actuación: deseñar cidades para o peón, para andar, de cercanía ou compactas; introducir a natureza na cidade porque a maior parte do espazo público foi destinado a calzadas para os automóviles; e crear espazos de convivencia, xa que desapareceron porque os espazos urbanos pasaron a ser espazos nos que só hai circulación de coches.
Pola súa banda o considerado 'pai' das supermazás de Barcelona, o especialista en urbanismo ambiental Salvador Rueda, subliñou que se tardou demasiado en tomar consciencia de que é preciso recuperar o espazo público para as persoas, algo que nos últimos meses se evidenciou a raíz da pandemia da Covid.
Explicou como é posible facer unha proposta de cambio dunha cidade en tempo récord, con investimentos reducidos e resultados de mellora da calidade urbana e de vida únicos a través dun proxecto no que leva traballando hai 30 anos en Barcelona - as supermazás-, que permite conseguir que a maior parte do espazo que hoxe está dedicado á mobilidade para outros usos, pero sen comprometer o funcionamento ou o tráfico (que se debe reducir un 15 e un 21%, como aconteceu durante o confinamento).
INAUGURACIÓN OFICIAL
O vindeiro evento da 'Facultade Ágora' será a inauguración oficial o vindeiro día 21 de abril, coa conferencia de apertura do padriño do curso, o director xeral de Arquitectura e Axenda Urbana do Ministerio de Mobilidade, Iñaqui Carnicero.
O día 23 de abril será a segunda xornada formativa, na que participarán figuras como o asesor de mobilidade da alcaldesa de París Carlos Moreno ou especialistas como Isabela Velázquez, Rubén Lois ou Valeiro González.
Relacionadas:
-
Máis paseos a pé e en bicicleta, reto na Illa de Arousa para favorecer hábitos saudables
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexiona sobre as cidades que coidan as persoas e limitan os vehículos
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora adicará a próxima xornada aos espazos seguros e inclusivos
Por Redacción |
-
Carlos Moreno, o urbanista asesor da alcaldesa de París, apoia o Plan Ágora da Deputación: "el espacio público es el elemento mayor de la democracia"
Por María José Pita |
-
Especialistas da Facultade Ágora, partidarios de que os fondos 'Next Generation' melloren os espazos públicos
Por Redacción |
-
Xornada inaugural da Facultade Ágora, unha iniciativa para promover a transformación dos espazos públicos
Por Redacción |
-
A Deputación inaugura a Facultade Ágora para formar acerca dos usos dos espazos públicos
Por Redacción |
-
A arquitecta Zaida Muxí e a enxeñeira Paula Teles, dentro do plantel de especialistas mundiais da 'Facultade Ágora'
Por Oskar Viéitez |
-
A Facultade Ágora aumenta as prazas e prorroga a preinscrición ante a gran demanda xerada
Por Redacción |
-
A Deputación 'ficha' para a súa Facultade Ágora a Jan Gehl, estrela da arquitectura mundial
Por Oskar Viéitez |
-
A 'Facultade Ágora' da Deputación terá entre o seu profesorado ao asesor da alcaldesa de París
Por Oskar Viéitez |