A área sanitaria volve superar os 300 casos activos de covid case un mes despois
Por Diego Espiño
Desde o pasado 12 de marzo (306 casos) a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés non superaba a barreira das 300 infeccións activas por coronavirus. Fíxoo de novo este sábado 10 de abril ao chegar á cifra de 302 casos, o que supón un incremento de 13 con respecto á xornada anterior.
Así o reflicte a actualización de datos ofrecida polo Servizo Galego de Saúde ás 10.00 horas, da que se desprende que se produciron 20 novos contaxios nas últimas horas.
Onde non hai cambios é no nivel de presión hospitalaria, con 2 persoas positivas en covid ingresadas na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo e 20 pacientes máis evolucionando en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (17) e o Hospital do Salnés (3).
Desde o inicio da pandemia superaron o virus 12.526 pacientes, tras rexistrarse 7 altas epidemiolóxicas na última xornada, falecendo 168 persoas positivas por coronavirus na área sanitaria.
En canto a realización de probas, nas oú ltimas 24 horas fixéronse 1.096 test PCR, que se engaden aos 189.361 efectuados con anterioridade.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico a incidencia da covid tamén aumenta con 2.286 casos activos, o que supón 93 máis. Deles 606 son da área da Coruña (+8), 160 da de Lugo (+12), 173 da de Ourense (+24), 302 da de Pontevedra, 625 da área de Vigo (+22), 349 da de Santiago (+18) e 71 da de Ferrol (-4).
De total de persoas infectadas, 25 están na UCI (unha menos) e 142 en unidades de hospitalización (unha máis). Ata a data en Galicia rexistráronse 2.368 falecementos asociados ao virus, ao sumarse un novo caso nas últimas horas.
Relacionadas:
-
Os novos contaxios por covid na área sanitaria dispáranse ata os 40 e os casos activos soben a 357
Por Diego Espiño |
-
A semana iníciase na área sanitaria con 30 novos contaxios de covid e 327 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Detectados 24 novos contaxios de covid nunha xornada con máis dun milleiro de probas PCR realizadas
Por Diego Espiño |
-
O nivel máximo de alerta mantense no Grove e seis concellos da área sanitaria soben ao nivel medio
Por Redacción |
-
Os casos activos por covid-19 sitúanse en 289, tras rexistrarse 28 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Novo repunte de contaxios na área sanitaria: detectan 36 positivos por covid-19 nun día
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Novo falecemento por covid-19 en Montecelo, unha muller de 87 anos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |