Marín pide que os concellos reciban directamente a porcentaxe das axudas europeas que lles corresponde
Por Redacción
O Pleno Municipal de Marín vén de aprobar solicitar ás distintas administracións que se cumpran os compromisos cos concellos de inxección de liquidez para facer fronte ás esixencias da pandemia.
Tras conseguir poder utilizar os remanentes municipais agora o obxectivo, sinala a alcaldesa María Ramallo, é poder recibir "o pedazo da torta dos Fondos Europeos que nos corresponde de maneira directa, xa que representamos o 15% da administración".
Tal e como defendeu a rexedora as entidades locais "fomos as que mos di unha lección de proximidade desde o minuto uno da pandemia, mesmo sen ter suficiencia financeira", avanzando que "a situación económica e social dos próximos anos será moi complicada".
Ramallo, que asegura que a situación financeira do Concello está saneada, fixo referencia á baixada na recadación experimentada no municipio, que se suma ás "medidas que consideramos imprescindibles para axudar aos sectores que peor o están pasando", como foron a exención de certas taxas e tributos municipais.
"Levamos asumido moitas competencias que non son directamente nosas e para as que precisamos un apoio maior a nivel económico", sinala a alcaldesa.
Este acordo do Pleno será trasladado agora ao Goberno Central, ademais da os grupos políticos de Congreso e Senado, Parlamento Gallego, á FEMP e á FEGAMP.