"Descenderon drasticamente" durante a última semana as denuncias por incumprir as normas sanitarias
Por Oskar Viéitez
A portavoz do goberno municipal do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías informou este luns en rolda de prensa das denuncias interpostas pola Policía Local entre o 1 e o 5 de abril relacionada coas restricións en vigor con motivo da pandemia da covid-19.
Anabel Gulías sinalou que "descenderon drasticamente" o número de denuncias por este tipo de infraccións, se se compara coa semana anterior.
Soamente rexistráronse 11 denuncias. De luns a xoves foron 4 e o resto entre o venres e o domingo.
Catro das denuncias foron por non levar posta a máscara e sete por saltarse o toque de queda.
A portavoz municipal indicou que "mantivemos a presión en zonas sensibles de concentración de persoas", especialmente as terrazas da hostalería, e a pesar diso reducíronse as denuncias polo que entenden que é un motivo de satisfacción.
VACINACIÓN MASIVA
Durante esta semana pasada tanto a Policía Local como Protección Civil mantiveron unha presenza continuada no Recinto feiral de Pontevedra para colaborar na organización e a loxística da campaña de vacinación masiva que está a levar a cabo a Consellería de Sanidade.
"Todo o proceso está a producirse con bastante tranquilidade", valorou de maneira positiva a portavoz municipal que apuntou que as condicións meteorolóxicas tamén "axudaron" a que non se agrupasen grandes concentracións de persoas no exterior do Recinto Feiral.
Do mesmo xeito que fixeron antes as autoridades sanitarias desde o Concello tamén avisan ás persoas que están a ser citadas para recibir a vacina para "que non acudan antes da hora de citación porque os pequenos incidentes que se produciron tiveron que ver con este motivo".
Relacionadas:
-
As Forzas de Seguridade destacan o alto cumprimento das normas no ámbito da hostalaría
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local intervén en 4 festas ilegais e denuncia a 48 persoas durante a Semana Santa
Por Manu Otero |
-
Multado por saltar o toque de queda para lavar o coche na rúa en plena madrugada
Por Redacción |
-
Unha veciña de Valladolid, única denuncia en Poio por saltarse o peche perimetral na ponte
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
30 denuncias por non levar máscara ou por fumar sen gardar distancia das 55 realizadas pola Policía Local durante sete días
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |