Tres operarios feridos en Pontevedra ao caerlles enriba un muro
Por Oskar Viéitez
Tres operarios resultaron feridos ao caerlles enriba un muro mentres traballaban nunha obra no número 70 da Avenida de Vigo, nas inmediacións da Rúa Luis Seoane, en Pontevedra.
Segundo informou o Servizo de Atención ás Emerxencias 112 Galicia o accidente sucedeu ás 11 horas da mañá deste luns.
Foi un veciño da zona quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia tras testemuñar o incidente e comprobar que os traballadores necesitaban auxilio médico.
Dende a Policía Nacional completaron a información sinalando que unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez a un dos traballadores que, nunha primeira valoración, semellaba ter a cadeira fracturada.