Recepción aos arquitectos Santos e Mera tralo seu premio internacional polo campo de fútbol de Campañó
Por Mónica Patxot & María José Pita
O campo de fútbol municipal de Campañó, deseñado polo estudo de arquitectura pontevedrés Santos & Mera, acadaba a categoría de finalista nos últimos Premios FAD de arquitectura e interiorismo, dos máis prestixiosos que se celebran en España e o máis antigo de Europa, xa que foron creados no ano 1958.
"El campo de fútbol de Campañó se ha publicado además en varias revistas, en webs internacionales, ha sido seleccionada por la revista ON entre las mejores obras del 2020 en España, ha tenido mucha repercusión en general. Y ahora queremos dejar una copia del premio que nos dado ArquinFAD, la asociación que otorga los Premios FAD para arquitectura hecha en España y Portugal, como un reconocimiento más para el Concello. Consideramos, además, que la arquitectura contemporánea, moderna, es complementaria al modelo de la ciudad", explicaba José Jorge Santos, arquitecto e socio xunto a José Carlos Mera do estudo de arquitectura Santos & Mera.
Ambos foron recibidos este martes na sede da Alcaldía na rúa Michelena polo alcalde de Pontevedra Miguel Fernández Lores, o concelleiro de Deportes Tino Fernández e o concelleiro de Obras Demetrio Gómez.
O alcalde destacaba que este recoñecemento é especialmente importante porque non só se recoñece unha obra realizada no rural de Pontevedra senón tamén o traballo de profesionais que teñen o seu estudo na cidade, como o caso de Santos & Mera, aos que felicitou expresamente e agradeceu a súa contribución ao modelo de cidade. "Reitero os meus parabéns ao equipo de arquitectura de Santos & Mera porque están aí na vangarda do deseño arquitectónico e forman parte tamén do prestixio da cidade", manifestaba Fernández Lores.
O rexedor de Pontevedra engadía que este premio "vén a confirmar que o Concello de Pontevedra está traballando cunha alta calidade arquitectónica nos seus proxectos urbanos, e que iso non diferencia para nada as actuacións que facemos na cidade e no rural ou nos barrios, de feito houbo outros premios do Colexio de Arquitectos por algunha outra obra que se fixo nos locais sociais. Pero que este campo de Campañó reciba un premio internacional de deseño implica que o Concello de Pontevedra está traballando con alta calidade arquitectónica en todos os seus proxectos e para nós é un orgullo".
O deseño do campo de fútbol de Campañó tamén sumou nos últimos días un novo recoñecemento, como Proxecto Seleccionado na categoría de arquitectura dos premios London International Creative Competition.
Relacionadas:
-
Estudan dotar de herba sintética o campo de fútbol do CEIP Xunqueira 2 e a renovación integral do seu pavillón
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra divulgará a riqueza da súa arquitectura entre os escolares
Por Redacción |
-
O campo de fútbol de Campañó, finalista nos Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo
Por Alejandro Espiño |
-
As obras de remodelación integral do campo de fútbol de Campañó, en marcha
Por Diego Espiño |
-
O Concello confía en que Campañó e Ponte Sampaio teñan campo de fútbol novo a finais de ano
Por Alejandro Espiño |