Reclaman a creación de máis prazas de aparcamento en Campelo
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Nati Torres, concelleira do PP de Poio demandaba este martes ao goberno tripartito a creación de prazas de aparcamento en Campelo. Neste sentido, lembra que o grupo da oposición reclamara eses espazos para estacionar antes de que finalizasen as obras de construción das novas beirarrúas.
Sinalan que noutros municipios, o goberno local aluga parcelas ou negocia cos propietarios de diversos terreos para que se habiliten como aparcamentos. Unha decisión que en Poio non se está producindo, afirman os populares pedindo algunha alternativa.
Indican que nas proximidades da Praza da Granxa ou na contorna da farmacia onde hai numerosos negocios, estes establecementos perden clientes porque non hai prazas para aparcar e estase multando cando se aparca incorrectamente.
Os populares insisten en que a falta de estacionamento é un problema recorrente en varias zonas do Concello de Poio. Solicitan unha solución para dinamizar o pequeno comercio e a hostalería.
REACCIÓN DO GOBERNO LOCAL
Nun comunicado de prensa o Goberno local amósase sorprendido por estas declaracións do PP, "cando o grupo da oposición sabe perfectamente que este Goberno, a través da Concellería de Obras dirixida pola tenente de alcalde, a socialista Chelo Besada, está actualmente traballando nas xestións para a adquisición de dúas parcelas na zona, que serán destinadas a tal fin".
Neste escrito engaden que "o Goberno local é consciente de que existen zonas nas que o incremento de espazos para estacionar é algo necesario e segue traballando para dar resposta a esta demanda, tanto en Campelo coma noutros núcleos do municipio".
Relacionadas:
-
30 novas prazas de aparcamento en Campelo estarán listas antes da Festa da Ameixa
Por Redacción |
-
O PP pide ao Concello de Poio que fale coa veciñanza antes de pintar as estradas prohibindo o estacionamento
Por Oskar Viéitez |
-
400 novas prazas de aparcadoiro serán creadas en San Salvador e preto da igrexa de Samieira
Por Redacción |
-
Os populares de Poio critican que a reforma de Campelo "non ten nada que ver co que prometeron"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio esixe a creación de prazas de aparcamento en Campelo
Por Redacción |