O Grove contratará 17 traballadores a través do Plan Concellos
Por Redacción
O Concello do Grove ten prevista a contratación de 27 traballadores a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Concretamente recibirá una achega 268.619 euros dentro desta línea de axudas destinada ao emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais,
Contratarase a 27 persoas desempregadas inscritas nas listas do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de Emprego, en concreto 17 peóns de obras públicas, 2 peóns forestais, 2 peóns de xardinaría, 2 condutores de camión, 2 auxiliares administrativos e 2 auxiliares de cultura.
O Concello ven de recibir a comunicación da concesión da subvención por parte da Deputación Provincial e agora procederá á tramitación das correspondentes ofertas de emprego. As persoas desempregadas realizarán obras e servizos de mellora das infraestruturas municipais e servizos de atención ao público.
Os contratos son a xornada completa e cunha duración de 6 meses excepto o auxiliar de cultura que a súa duración será de 5 meses.