Poio renova o convenio para o control da vespa velutina
Por Redacción
O Concello de Poio vén de renovar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), así como coa Xunta de Galicia, o convenio para o garantir a vixía e control da vespa velutina.
Esta especie invasora leva asentada en Galicia desde hai máis dun lustro e, ademais de resultar moi prexudicial polos danos que provoca no que á redución da biodiversidade medioambiental se refire, é perigosa que pode chegar a resultar a súa picadura entre as persoas, especialmente entra aquelas que son alérxicas.
Poio xa se sumou a este acordo no ano 2020, a través do cal se habilita un número de teléfono ás persoas afectadas pola presenza de niños (o 012), para solicitar a súa retirada en poucos días.
O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Luís Martínez, lembra que a primavera é a estación chave á hora de loitar contra a velutina. "Os meses de marzo, abril e maio son fundamentais á hora de tomar medidas de carácter preventivo contra este insecto, xa que é agora cando as raíñas están fóra dos niños e as vespas atópanse en plena fase de construción dos seus refuxios".
É por esta razón polo que o departamento dirixido polo edil nacionalista tamén fai un chamamento á cidadanía non só para que faga uso do 012 en caso de detectar niños, senón tamén para que se implique na creación de trampas para esta especie.
Para consultar calquera dúbida, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente, chamando ao 986770001 (extensión 1240).