Un informe técnico ve "pouco rigoroso e incompleto" o estudio de impacto ambiental do parque eólico "Campo das Rosas"
Por Redacción
O informe técnico elaborado polo Concello de Cerdedo-Cotobade sobre o Estudio de Impacto Ambiental en fase de información pública do proxecto do parque eólico "Campo das Rosas" detecta "falta de rigorosidade" en varios dos seus aspectos que precisarían de ser cumprimentados por Naturgy Renovables.
Este proxecto de parque eólico afecta aos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro.
A empresa promotora ten previsto investir uns 23 millóns de euros na súa execución material e ubicar 8 aeroxeradores, 2 estacións anemométricas, un centro de seccionamento, unha liña aero-soterrada de 30 kV de 1,7 kms. e unha subestación elevadoras 220/30 kV en Quireza.
O estudo de impacto ambiental é un documento técnico que se realiza para avaliar os efectos significativos dun proxecto ou actividade sobre o medio ambiente. O seu principal obxectivo é adoptar as decisións máis adecuadas para previr e minimizar eses impactos.
Segundo a técnica municipal que elabora o informe para o Concello de Cerdedo-Cotobade a documentación de Naturgy Renovables ten incoherencias nas distancias a núcleos habitados, ubicacións territoriais, medicións de vento, falla de estudio electromagnético, ausencia de petróglifos afectados, carencia de informe sobre viais e recursos hídricos afectados, sesgo no estudio de impacto paisaxístico, conca visual e sonora.
Ademáis, considera que o proxecto é complementario doutros polo que debería ser avaliado polo Ministerio de Transción Ecolóxica.
Relacionadas:
-
O Pavillón de Carballedo recolle a preocupación da veciñanza polo proxecto eólico
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta asegura aos concellos que non aprobará parques eólicos fóra de áreas autorizadas na lei do 97
Por Redacción |
-
Os comuneiros e o Concello crean unha comisión de seguimento ante os proxectos eólicos en marcha en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Piden paralizar o trámite de construción do parque eólico Campo das Rosas e Porto Vidros por "incumprir a normativa ambiental"
Por Redacción |
-
O BNG e o PSOE alegan contra o parque eólico Campo das Rosas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Aberto o prazo de alegacións fronte á creación do eólico Campo das Rosas
Por Redacción |