Comeza a actividade nos furanchos de Marín con cuatro establecimientos con licenza
Por Redacción
Pablo Novas, concelleiro de Medio Rural, acompañado polo concelleiro Manuel Domingos, acudían este martes aos furanchos Chámpalle unha gasosa e A do Currante. Alí entregaban aos seus propietarios o cartel que indica a concesión de licenza de apertura.
Trátase dos dous primeiros establecementos destas característas no municipio de Marín que contan con autorización para abrir as súas portas. Ao longo destes días concederase a outros dous furanchos, un en Pardavila e outro en Pastoriza, para que inicien a súa actividade na xornada deste venres 16.
Tradicionalmente a tempada de furanchos comezaba o 1 de febreiro e finalizaba o 30 de xuño. Pero este ano a situación sanitaria volveu provocar un cambio nos prazos e, ante esta situación, o concelleiro xa anunciou que habilitarán a opción de que abran de maneira extraordinaria durante o mes de xullo.
Aqueles responsables de furanchos que non cumprisen o máximo de tres meses de apertura continuada durante a pasada tempada regular poderán acceder a solicitar a prórroga para este verán, sempre que teñan excedente para vender.
Segundo o Concello de Marín, nestes furanchos que abren ao longo desta semana mantéñense todas as medidas sanitarias obrigatorias para facer fronte á covid-19, do mesmo xeito que sucede cos establecementos de hostalería. Novas pide o máximo rigor no cumprimento das normativas para evitar poñer en risco a saúde pública.