Arrancan as obras para cambiar o céspede do Campo de fútbol de San Pedro
Por Redacción
Prace Servizos e Obras é a empresa adxudicataria que, por 405.230 euros, realizará unha reforma das instalacións do Estadio de San Pedro durante un período de catro meses. Este martes, os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña acudía ata o espazo deportivo para coordinar o inicio destes traballos que supoñerán un cambio do céspede, que pasará a ser de herba sintética de última xeración cun lastrado con area de caucho e sílice.
Pero a obra tamén contempla cambios no equipamento, a novidade principal céntrase nas porterías de fútbol 7, que agora serán pregables, coa recollida na varanda que roderará o campo de xogo.
O céspede sera instalado sobre a base de asfalto, unha vez que se execute a nivelación do terreo. Tamén está prevista a mellora da rede de rega con novos canóns de aspersión de auga emerxentes.
Derrubarase unha bancada descuberta, un espazo que pasará a ser parte do céspede. Este terreo converterase nunha zona de precalentamiento para as diferentes modalidades deportivas, segundo informan desde o Concello de Marín. O muro existente nesa mesma zona demolerase para construír outro de formigón armado.