O Grove mantense no nivel máximo de restricións e crece a preocupación en Marín, en nivel medio
Por Natalia Puga
O Concello de O Grove mantense en alerta pola elevada incidencia da covid-19. O comité clínico de expertos sanitarios que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou na súa reunión deste martes manter o nivel máximo de restricións no municipio, ao igual que nos concellos de Carballeda de Valdeorras e A Pobra do Caramiñal.
Desta maneira, O Grove é o único concello da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e un dos tres de Galicia que se atopa nesta situación.
No resto da área sanitaria, a preocupación céntrase tamén en A Illa de Arousa, que se atopa en nivel alto e continuará; e en Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, Vilaboa, Marín e Meaño, todos en nivel medio.
No nivel máximo e alto non hai cambios en relación coa decisión adoptada pola Xunta de Galicia despois da última reunión de especialistas, pero si que hai novidades nos municipios en nivel medio e a preocupación pasa a centrarse agora tamén en Marín e Meaño, que estaban en nivel medio baixo ata agora. Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa e Vilaboa xa tiñan estas mesmas circunstancias nos últimos días.
No resto dos concellos da área sanitaria, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00.00 horas do vindeiro venres, 16 de abril. Ese mesmo día haberá unha nova reunión do subcomité de expertos, que revisará de novo a situación. De todas maneiras, o comité deste martes non rematou coas súas deliberacións e continuará coa súa reunión na mañá deste mércores, pois, segundo informou a Consellería de Sanidade, houbo varios asuntos que quedaron "por pechar"
Segundo o acordo da Xunta, hai dez concellos galegos en nivel alto de restricións (Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa) e 18 en medio (O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño).
Relacionadas:
-
Mellora a situación na Illa, que pasa de nivel alto a medio, mentres O Grove segue coas restricións máximas
Por Natalia Puga |
-
A UCI de Montecelo suma un cuarto paciente positivo en covid, con 375 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
María Ramallo pide á poboación xuvenil que participe no cribado nas farmacias
Por Redacción |
-
Galicia atrasa o toque de queda ás 23:00 e permitirá a restaurantes dar ceas
Por Alejandro Espiño |
-
Dous hospitalizados máis por covid na área sanitaria, que conta con 366 casos activos
Por Diego Espiño |
-
O nivel máximo de alerta mantense no Grove e seis concellos da área sanitaria soben ao nivel medio
Por Redacción |
-
Nivel máximo de restricións para O Grove e alto para A Illa mentres Sanxenxo pasa a nivel medio
Por Redacción |