Sufocan un incendio nun taller de coches de Nantes
Por Redacción
Os servizos de emerxencia tiveron que despregarse á primeira hora deste mércores 14 de abril preto do polígono de Nantes, en Sanxenxo, ao rexistrarse un incendio nun taller de automóbiles.
Segundo puntualiza o 112 Galicia, o lume iniciouse ao redor das 7.45 horas da mañá.
En concreto, tal e como confirman desde o servizo municipal de Emerxenxnias Sanxenxo, o lume afectou a unha zona destinada a pintura que quedou completamente calcinada, e tamén se viu afectado un vello vehículo que se atopaba dentro do taller.
En todo caso a intervención dos efectivos de emerxencia, cos Bombeiros do Salnés ademais do propio corpo municipal, fixo que os danos fosen soamente materiais, sen ningunha persoa resultase ferida.
O 112 Galicia informou da incidencia tamén á Policía Local e ás autoridades ambientais da Xunta de Galicia.