Ence nega que a presenza de mercurio se deba á súa actividade
Por Oskar Viéitez
A dirección da empresa Ence difundiu un comunicado co que "considera necesario aclarar" as últimas informacións diante a detección de mercurio no subsolo do complexo fabril.
En primeiro lugar asegura que "Ence nunca utilizou mercurio nos seus procesos" e engade que "a presenza de dita substancia non pode atribuírse á actividade da compañía".
Segundo argumentan desde a empresa de celulosas "dos 50 anos de actividade de Elnosa, só estivo vinculada a Ence durante cinco anos: desde 1996 ata 2001, ano no que se privatizou Ence".
No seu comunicado tamén engaden que "a compañía en ningún caso alertou de verteduras á Ría de Pontevedra, senón que advertiu da detección de niveis de mercurio superiores aos habituais nos últimos meses, nalgunhas áreas próximas á antiga factoría de Elnosa" e apunta tamén que eses niveis deste metal tóxico "non supoñen risco para as persoas nin o medioambiente".
Ence asegura que notificou no seu día esta situación ás autoridades competentes na materia, tanto da Administración central como a autonómica, así como aos representantes legais dos traballadores.
O pasado 19 de novembro, a compañía anunciou que debido aos traballos de desmantelamento de Elnosa reforzaba a análise e vixilancia do terreo na súa planta de Pontevedra. Así, seguindo as instrucións da Xunta de Galicia, Ence ampliou a rede de medición de mercurio nas augas subterráneas, facendo controis semanais e intensificando a vixilancia.
Finalmente, este comunicado conclúe indicando que "non é certo que Ence advertise de riscos para a salubridade da pesca e o marisqueo na Ría. Ao contrario, a Análise Cuantitativa de Riscos (ACR) realizado pola empresa conclúe que os niveis de mercurio detectados non poñen en risco ás persoas (incluídos os traballadores da planta), nin ao medioambiente, nin á Ría de Pontevedra, nin ás actividades que nela realízanse (pesca, baño, etc.)".
Relacionadas:
-
Establecen "novos filtros de control" no proceso de desmantelamento de Elnosa
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG alerta de contaminación por mercurio en Lourizán e o PP, crítico co alarmismo do Bloque, nega o perigo
Por Redacción |
-
O BNG solicita a documentación sobre a contaminación por mercurio dos terreos de ELNOSA e ENCE
Por Redacción |
-
A APDR denuncia que "a responsabilidade de ENCE na contaminación do solo por mercurio é evidente"
Por Redacción |
-
O Concello pide á Xunta que se verifiquen os niveis de mercurio na contorna de Ence-Elnosa
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG e Podemos esixen responsabilidades pola contaminación por mercurio
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta defende que os niveis de mercurio detectados en Lourizán "agora mesmo non superan os límites establecidos"
Por Diego Espiño |
-
O alcalde pregunta á Xunta que fará respecto á contaminación por mercurio en Ence-Elnosa
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
ENCE alerta nun informe interno de verteduras de mercurio á ría procedentes do desmantelamento de Elnosa
Por Redacción |