A exploración no xacemento da Lanzada retomarase a semana que vén
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra retomará, catro anos despois, as exploracións no xacemento da Lanzada a partir da semana que vén. O organismo provincial xa solicitou ao goberno a colaboración para acondicionar a contorna e delimitar o estacionamento de vehículo durante o tempo que duren os traballos.
A última actuación finalizou en xaneiro de 2017, cunha intervención na que sacaron á luz ata 17 esqueletos, entre os que se atopaba unha muller que viviu no século V e bautizaron como Cornelia, 14 nenos datados entre os séculos I e II e máis de 15.000 pezas, entre as que destacaba un volume de cerámica de luxo romana ( terra sigillata) e 358 metais entre os que destaca unha espada de 33 centímetros pertencente aos séculos VIII ou IV A.C.
Durante estes últimos traballos, tamén atoparon estruturas prerromanas que viñan dunha factoría de salgadura ou de salsas, o que demostraría que xa degustaban alimentos manipulados por distintas técnicas para a súa conservación moito antes de que os romanos trouxesen as súas salgaduras.
Pola súa banda, na anterior prospección, realizada a mediados do século XX, localizaron un centenar de esqueletos, entre eles os únicos que se conservan da Galicia primitiva.
Todos estes achados do xacemento da Lanzada puxeron de manifesto que xa 600 anos antes da chegada dos romanos realizábanse intercambios comerciais de envergadura con Italia, Tunes ou Palestina desde esta zona do Salnés. En definitiva, A Lanzada conta cunha xoia arqueolóxica en apenas 970 metros cadrados de escavación que se converteu nun auténtico reclamo patrimonial e turístico, así como unha referencia no ámbito nacional.
Relacionadas:
-
Denuncian que o xacemento arqueolóxico da Lanzada está abandonado e "parcialmente derruído"
Por Redacción |
-
Comezan na Lanzada os traballos do xeorradar cara o proxecto de musealización do xacemento
Por Redacción |
-
Acondicionan as zonas verdes da nova senda da PO-308 entre Portonovo e A Lanzada
Por Redacción |
-
Licitan o servizo de educación ambiental da Aula da Natureza do Siradella
Por Redacción |
-
A senda peonil entre Noalla e a praia da Lanzada custará 760.000 euros
Por Redacción |
-
A Lanzada proba que 600 anos antes dos romanos "xa éramos unha civilización avanzada"
Por Alejandro Espiño |
-
Os bebés achados no castro da Lanzada están datados entre os séculos I e III despois de Cristo
Por Oskar Viéitez |
-
Cornelia é do século V, Miami confirmouno
Por Oskar Viéitez |
-
O achado dos esqueletos dun bebé e dous adolescentes eleva a dez os restos localizados no xacemento da Lanzada
Por Redacción |
-
Cornelia viaxa a un laboratorio de Miami para someterse á proba do Carbono 14
Por Anxo Lourido |