Máis de 4.000 persoas serán vacinadas con Pfizer e AstraZeneca esta fin de semana na área sanitaria
Por Redacción
A Consellería de Sanidade trasladou o plan de vacinación previsto para esta fin de semana na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés coa aplicación de 4.100 dose entre as xornadas do sábado e o domingo.
Desta forma, están citadas 1.400 persoas para que acudan, durante a sesión matinal, ao Recinto Feiral de Pontevedra e outras 300 para que se acheguen á nave de Fexdega en Vilagarcía de Arousa. Trátase de persoas con idades comprendidas entre os 60 e os 65 anos.
O domingo chega a quenda para persoas que contan con idades entre os 75 e os 79 anos residentes na área sanitaria. Neste caso aplícaselles a vacina Pfizer. Esta previsto que no Recinto Feiral adminístrense 2.000 dose, mil en sesión matinal e outras mil en sesión vespertina. En Fexdega se inocularán 400 dose, só na xornada de mañá, no recinto de Fexdega.
Ademais, o Servizo Galego de Saúde está a citar xa a persoas con idades que oscilan entre os 70 e os 74 anos para que acudan ao longo da próxima semana a recibir a súa dose.
O 86% DO PERSOAL EDUCATIVO XA ESTÁ VACINADO
Pola súa banda, o conselleiro de Educación Román Rodríguez presidía este venres o Comité Educativo, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, que informou sobre o proceso de vacinación entre a comunidade educativa.
Segundo sinalou a responsable sanitaria, en Galicia vacinouse xa ao 86% do persoal deste colectivo profesional, entre docentes e persoal non docente. A primeira dose foi achegada a 39.000 docentes, o 84% do total. Outros preto de 4.300 profesionais non docentes que traballan en centros educativos, un 88% do total, tamén recibiron a vacina.
Ata o momento non se detectou ningunha reacción adversa de gravidade nin entre este colectivo nin no conxunto da poboación de Galicia, segundo manifestou Carmen Durán.
A responsable de Saúde Pública apuntou tamén que o Ministerio de Sanidade agora establece a idade como pauta de vacinación e non os colectivos. Desta forma, o persoal dos centros educativos deberá seguir esa orde de administración. Asegurou que, en todo caso, o 100% da poboación recibirá a vacina.
Relacionadas:
-
#QuieroMiSegundaDosis de AstraZeneca, petición viral en Change de menores de 60 anos que recibiron a primeira vacina
Por Redacción |
-
Amplían o rastrexo de casos de covid-19: farase seguimento aos contactos estreitos dos 7 días previos
Por Natalia Puga |
-
RADIO.- Preguntamos no Recinto Feiral, con que disposición e ánimo se vacinan?
Por Marisa Ciordia |
-
Ana Pastor, tras vacinarse en Pontevedra: "É a forma de loitar contra este virus"
Por Redacción |
-
Corenta e sete novos contaxios disparan os casos activos por covid-19 ata os 407
Por Alejandro Espiño |
-
A UCI de Montecelo suma un cuarto paciente positivo en covid, con 375 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Novo impulso á vacinación na área sanitaria, con 31.173 doses en dúas semanas
Por Redacción |