Últimos días para participar na campaña 'Chega a primavera a Marín en Rede' e conseguir unha roseira
Por Redacción
A campaña 'Chega a primavera a Marín en Rede', que busca dinamizar o consumo no comercio local e nos locais da hostalería, está chegando ó seu fin. A veciñanza ou visitantes que queiran participar deberán facer gasto nos establecementos adheridos á plataforma ata o 22 de abril, data de finalización da campaña.
O mínimo de gasto son 30 euros de compra, e pode ser nun só ticket ou en varios. Despois se canxearán por unha planta ornamental, concretamente unha roseira pequena.
Unha vez finalizada a campaña, os días 23, 24 e 25 de abril deberán presentar os tickets na Oficina de Turismo da Praza de España, onde se lles dará unha pranta. Poderán recollerse de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas (a excepción do domingo, que será só en horario de mañá). O máximo será de dúas prantas por persoa.
Adherirse a Marín en Rede
Esta plataforma dixital da economía local de Marín ten actualmente cerca de 200 negocios adheridos, cada un cunha ficha multimedia cos seus datos de contacto.
Para formar parte, hai que entrar na páxina web e encher o formulario que aparece ao clickar no botón 'Dar de alta o meu negocio'.