Piden paralizar o trámite de construción do parque eólico Campo das Rosas e Porto Vidros por "incumprir a normativa ambiental"
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, solicitou á Xunta de Galicia a paralización do trámite de autorización de construción dos parques eólicos 'Campos das Rosas' e 'Porto Vidros' en base ao informe evacuado pola técnica municipal de medio ambiente.
Promovidos por Naturgy Renovables, o Concello cree que hai un posible "incumprimento da normativa de tramitación ambiental" ao consideralos "fragmentados deliberadamente para evitar unha avaliación máis exhaustiva" por parte do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (Miterd).
Consideran que estanse poñendo en marcha na súa contorna varios parques moi próximos entre eles polo que poderían estarse "tramitando fragmentados no tempo como distintos proxectos sectoriais o cal eludiría o control medioambiental ao que terían que ser sometidos por parte do Ministerio".
"Entendemos que as infraestruturas do parque Campo das Rosas son imprescindibles para que o parque Porto Vidros funcione, consecuentemente, entendemos que deberían estar tramitándose como un único proxecto de parque eólico" asegura a técnica no seu informe no que se basean as alegacións do Concello.
FUTURAS AMPLIACIÓNS DA REDE NATURA 2000
Outra das alegacións que presenta o Concello de Cerdedo-Cotobade céntrase no impacto medioambiental. Considera que as liñas de evacuación da enerxía producida polos eólicos pode supoñer un problema para o entorno natural xa que detecta varias ausencias no seu EsIA como un estudo electromagnético sobre os efectos que a construción do PE podería causar sobre as emisión de radio, televisión e o impacto nas telecomunicacións como a telefonía móbil.
Pola súa banda, afirman que "poden existir algúns gravados rupestres non incluídos no estudo realizado e que poderían estar afectados pola súa cercanía a algún aeroxerador" e o acceso ao parque eólico pola estrada provincial EP-7102 obrigará a unha ampliación nun tramo incluído na contorna de protección dun ben patrimonial catalogado.
En canto ao estudo do impacto acústico, co parque en funcionamento non se superarían os límites legais sonoros para zonas residencias, pero sí nunha zona residencial do rural galego.
Tamén consideran necesario un estudo sobre a hidroloxía máis detallado e creen que o impacto paisaxístico-conca visual é sesgado, xa que se toma como referencia a poboacións de máis de 300 habitantes.
O alcalde Jorge Cubela continuará coas reunións vecinais para que expoñan as súas opinións en canto a dinámica impulsada polas empresas eólicas.
Relacionadas:
-
O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta alegacións aos eólicos de Siroco, Tramontana e Rula
Por Redacción |
-
O Pavillón de Carballedo recolle a preocupación da veciñanza polo proxecto eólico
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta asegura aos concellos que non aprobará parques eólicos fóra de áreas autorizadas na lei do 97
Por Redacción |
-
A cara oculta dos parques eólicos desvelarase este venres 30 no Teatro Principal
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Os comuneiros e o Concello crean unha comisión de seguimento ante os proxectos eólicos en marcha en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O BNG e o PSOE alegan contra o parque eólico Campo das Rosas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Un informe técnico ve "pouco rigoroso e incompleto" o estudio de impacto ambiental do parque eólico "Campo das Rosas"
Por Redacción |