O Paseo da Calzada estrea 40 novas prazas de aparcamento
Por Redacción
O Paseo da Calzada suma 40 novas prazas de estacionamento. Trátase dunha zona no tramo inicial do paseo que se suma ás prazas xa existentes nas dúas fincas de aparcamento que están á entrada da vía.
O Concello de Ponte Caldelas acaba de habilitar estes 40 novos aparcamentos a través do pintado das prazas e das correspondentes cuadrículas amarelas para que os vehículos poidan manobrar con amplitude e seguridade.
Ademáis, o Concello fixo unha limpeza da rúa e renovou o valado que delimita o vial das fincas lindeiras, repoñendo todos os listóns de madeira e recolocando todas as pedras, moitas delas que se atopaban movidas.
A actuación tamén afectou ao carril bici e o paseo peonil que discorren á beira do Río Verdugo, que foron protexidos coa colocación de bolardos para definir perfectamente os dous espazos de circulación.
O alcalde, Andrés Díaz, enmarca esta actuación no avance cara ao 'Modelo Ponte Caldelas' un proxecto de futuro para "deseñar unha vila moderna, próspera, con vida, onde se compaxinan con sintonía máis espazos para os peóns e máis prazas de aparcamento".
Relacionadas:
-
Comezan as obras do aparcamento central de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Inauguran o aparcamento gratuíto de autocaravanas da praia fluvial de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas habilita 200 prazas de aparcamento gratuítas no centro da vila
Por Redacción |
-
O Paseo da Calzada xa conta con 10 prazas de aparcamento para motos
Por Redacción |