Operativo especial de tráfico para o Dúatlon 'Movéndonos por Poio'
Por Redacción
A Policía Local de Poio puxo en marcha un operativo especial de tráfico para garantir a celebración da terceira edición do Dúatlon 'Movéndonos por Poio', que está prevista para este domingo na contorna da praia de Lourido.
A proba é a primeira que se celebra durante a pandemia e a Policía Local anuncia que vixiará de xeito especial o cumprimento das restricións en vigor pola covid-19 co fin de garantir que a proba deportiva se celebre con todas as garantías sanitarias para previr contaxios.
O operativo especial inclúe unha serie de zonas de estacionamento específicas para participantes e visitantes. Na tarde deste sábado xa se instalaron as primeiras sinalizacións para indicar as restricións de circulación e as áreas de aparcamento.
Ademais, todo o trazado da proba permanecerá pechado ao tráfico entre as 8.00 e as 14.30 horas deste domingo. Queda tamén prohibido estacionar durante todo o percorrido.
A carreira rexerase polo regulamento oficial de competicións das federacións galega e española para este tipo de probas. En primeiro lugar os triatletas completarán un circuíto de 5 quilómetros a pé, para subirse despois á bicicleta e pedalear durante 20 quilómetros máis. A competición rematará cun último tramo de 2,5 quilómetros a pé. A inscrición está completa e na lista de saída haberá atletas de gran nivel, aseguran os organizadores.
A saída da primeira das categorías está prevista para as 10 horas e a competición prolongarase durante toda a mañá.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena ponse a punto no Dúatlon Movéndonos por Poio, con Aida Valiño como vencedora feminina
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O mellor dúatlon galego volve ao primeiro plano este domingo en Lourido
Por Redacción |
-
Informan ao sector hostaleiro dos detalles do Duatlón "Movéndonos por Poio"
Por Redacción |