Sufocan un incendio nunha nave abandonada á beira de San Amaro
Por Cristina Saiz & Redacción
Efectivos do Corpo de Bombeiros de Pontevedra tiveron que acudir a última hora da tarde deste domingo ata a rúa Camposanto para sufocar un incendio declarado nunha nave abandonada moi próxima ao cemiterio de San Mauro.
O lume declarouse sobre as 20.30 horas e en pouco máis de media hora os bombeiros acabaran os labores de extinción e estaban de regreso no parque municipal. Foi, segundo indicaron, un lume sen gran importancia.
O lume declarouse na antiga nave de Fenosa, actualmente sen uso e que, segundo indicaron os veciños da zona, nos últimos tempos utilizábase para reunións de persoas ou para realizar botellóns.
Ata o lugar desprazáronse tamén efectivos da Policía Local de Pontevedra.