Marín retomará en maio o control de pombas e gaivotas
Por Redacción
O Concello de Marín informa de que xa se pode volver solicitar o servizo para o control poboacional de pombas e gaivotas, un servizo que se realiza con Larus Control e que é incruento cos animais e que está a dar moi bos resultados nas últimas campañas que se tivo activo.
O goberno local sinala que tras os primeiros anos de control poboación da pomba común "acadáronse resultados óptimos", reducindo a poboación en máis de 1.500 individuos de media, pasando dunha cifra cercana ás 2.000 pombas establecidas no entorno urbano ao inicio do servizo a 400 durante o 2020.
Tal e como explica a empresa, "no 2021 pretendemos manter e reducir as colonias de pombas a uns números asumibles". Colocáronse xa gaiolas de captura en diferentes puntos da vila, tanto no casco urbano como nas zonas exteriores ao mesmo, con bos resultados.
Desde o mes de abril de 2020, capturáronse un total de 408 pombas en varios puntos da cidade, como a contorna da Rúa República Arxentina ou na praza de abastos. "Nos últimos meses, atendéronse reclamacións por parte de propietarios privados en relación á presenza de pombas nos seus edificios, que foron asesorados", explican desde Larus Control
GAIVOTA PATIAMARELA
O servizo de control poboacional de gaivota patiamarela renovouse tamén debido á gran acollida que tivo entre os cidadáns, principalmente polas molestias e os perxuízos que se evitan nas vivendas ao facer uso do servizo gratuíto que o Concello de Marín lles facilita.
Esta boa acollida vese reflictida nas chamadas recibidas, que van en aumento nas sucesivas campañas. Este é o resumo das cifras de actuación en comparación con outros anos:
|
Ano 2018 |
Ano 2019 |
Ano 2020 |
Tellados visitados |
313 |
237 |
197 |
Niños retirados |
176 |
144 |
100 |
Ovos retirados |
238 |
197 |
190 |
Polos retirados |
50 |
67 |
69 |
Desde a empresa lembran que todos os métodos utilizados dentro dos controis son ecolóxicos e incruentos e que en todo momento cóntase cos permisos de Medio Ambiente para a intervención destas especies.
Todos os veciños que desexen que se lles inspeccionen os tellados poden poñerse en contacto coa empresa a través de laruscontrol@hotmail.com ou no teléfono 654831848 en horario de 10.00 a 19.00 horas.
Relacionadas:
-
Retiran 130 niños de gaivota e capturan 238 pombas para manter á raia a súa poboación
Por Redacción |
-
Marín mantén baixo control as súas poboacións de pombas e gaivotas
Por Redacción |
-
Marín instala unha gaiola na azotea do mercado para atrapar pombas e gaivotas
Por Redacción |
-
Marín mantén baixo control a pombas e gaivotas
Por Oskar Viéitez |