A área sanitaria reforza efectivos en saúde mental coa incorporación de máis profesionais
Por Redacción
O vindeiro luns 26 de abril incorporaránse á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés tres psicólogos especialistas en psicoloxía clínica, cinco enfermeiros especialistas en saúde mental e un traballador social, en execución do Plan de Saúde Mental 2020-2023 planificado polo SERGAS.
De xeito simultáneo, incorporarán a oferta doutras futuras tres prazas de psiquiatras, que integrarán o equipo para o desenvolvemento das fases do programa de saúde mental nos eidos de atención ao suicidio, hospitalización a domicilio, coordinación atención hospitalaria-atención primaria e atención á saúde mental no nivel sociosanitario.
Ademáis nas vindeiras datas o Diario Oficial de Galicia publicará un total de cinco convocatorias para a cobertura estable de 17 prazas a incorporar ao cadro de persoal facultativo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Serán 4 prazas na especialidade de Radiodiagnóstico, así coma 1 praza respectivamente das categorías de Análises Clínicas, Aparello Dixestivo, Anestesioloxía e Reanimación, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Farmacia Hospitalaria, Medicina Interna, Oncoloxía Médica, Uroloxía, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo (rama de cirurxía bariátrica), Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo (rama de cirurxía hepato-bilio-pancreátrica), Psiquiatría Infanto-xuvenil e Reumatoloxía infantil.
PRÓXIMAS INCORPORACIÓNS
Así mesmo, a convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 2 de outubro de 2020 permitirá que proximamente se incorporen de xeito estable máis especialistas na área sanitaria.
Aos xa incorporados (1 Anatomo-Patólogo, 2 especialistas en Anxioloxía e Cirurxía Vascular, 2 Reumatólogos e 1 Urólogo) engadiránse próximamente 3 novos cirurxáns xerais e do Aparello Dixestivo, 2 Endocrinólogos, 1 facultativo de Hospitalización a Domicilio, 2 especialistas en Medicina Interna, 2 especialistas en Medicina Física e Rehabilitación, 1 facultativo de Medicina Preventiva, 1 especialista en Obstetricia e Xinecoloxía e 1 Psiquiatra.
Relacionadas:
-
A prevención dos problemas de saúde mental e do suicido, unha prioridade para Sanidade
Por Redacción |
-
O Servizo do Aparello Dixestivo do CHOP logra o seu segundo Best in Class pola súa atención á hepatite C
Por Redacción |
-
Obxectivo para Atención Primaria: que o 60% das consultas sexan presenciais
Por Alejandro Espiño |