As axudas municipais para comprar ordenadores reciben 256 solicitudes en só catro días
Por Redacción
Máis de 60 solicitudes diarias. É o ritmo ao que avanza a liña de axudas municipais para a compra de ordenadores, unha iniciativa enmarcada no programa Supera21. Nos primeiros catro días formalizáronse xa 256 peticións por parte dos cidadáns de Pontevedra.
A oficina que xestiona estas axudas recibiu ademais máis de 600 correos electrónicos e 500 chamadas telefónicas para resolver dúbidas sobre este proceso.
Moitas das consultas foron de persoas que residen noutros concellos, preguntando como podían optar a estes fondos, pero desde o Concello xa se lles informou que están pensadas só para veciños e veciñas empadroados en Pontevedra.
Esta liña de axudas está dotada con 400.000 euros e permitirá subvencionar cada ordenador cun máximo de 400 euros. Financiaranse os equipos informáticos comprados entre o 14 de marzo de 2020 e o 31 de decembro de 2021.
O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o vindeiro 19 de maio.
A edil de Réxime Interior, Anabel Gulías, amosou a súa satisfacción pola acollida que están a ter estas axudas porque "é unha liña máis inclusiva e destinada a chegar a esas familias que non están dentro das liñas de vulnerabilidade social pero que están pasando apuros".
Ante a gran avalancha de peticións, o Concello acordou ampliar o horario de atención ao público da Oficina Supera da rúa Dona Tareixa, que abre as súas portas de 08.30 a 14.30 horas e atende con cita previa nos teléfonos 681 264 835 e 986 804 300 (extensións 7191 ou 7192).
O horario vespertino será de 17.00 a 19.00 horas de luns a xoves. Para a semana que vén as citas presenciais xa están esgotadas, advirten desde o goberno municipal.
Para axilizar toda a tramitación e facer máis fácil a petición das axudas por parte das familias, creouse un rexistro propio dentro das propias Oficinas Supera así como unha plataforma de intermediación de datos con outras administracións que permitirá reducir os trámites que ata o de agora tiña que facer o solicitante. Será o Concello quen realice esas xestións.
Relacionadas:
-
As axudas Supera21 para a compra de ordenadores e investimentos en pemes, en vía de pagamento
Por Alejandro Espiño |
-
O Plan Supera21 recibe 325 solicitudes para financiar investimentos en empresas
Por Alejandro Espiño |
-
As axudas do Plan Supera21 poderán destinarse a investimentos ou a gasto corrente
Por Alejandro Espiño |
-
Finaliza o prazo de axudas para computadores cun total de 1.944 solicitudes
Por Redacción |
-
As axudas para computadores suman 1.610 solicitudes un día antes de pechar o prazo
Por Oskar Viéitez |
-
Pistoletazo de saída para a solicitude das axudas do Concello para comprar computadores
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza o reparto de folletos informativos nos centros educativos sobre as axudas para mercar ordenadores
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra activa a Oficina Supera a partires da vindeira semana
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |