Inician cribados en seis colexios de Marín para detectar asintomáticos con covid-19
Por Redacción
Os alarmante incrementos de casos de covid-19 que se está rexistrando en Marín, onde se rexistra o maior número de contaxios de toda a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, levou ás autoridades sanitarias a organizar cribados para detectar asintomáticos.
Tras as probas que se celebraron esta fin de semana na Raña, onde acudiron 2.033 persoas das 3.500 que estaban citadas (un 58%) entre as que se detectaron sete positivos, a partir deste luns os cribados realizaranse en seis colexios do municipio.
Faranse test aos 1.030 alumnos e alumnas do CEIP Carballal, do CEIP Sequelo, do CEIP Seixo, do CEIP de Ardán, do CPR da Laxe e do CPR San Narciso.
Ademais, pola súa proximidade a Marín tamén se fará un cribado a 371 estudantes do colexio Sagrado Corazon de Praceres, en Pontevedra.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, expresou a súa preocupación polo aumento de casos no municipio, que onte alcanzaron os 94, once máis que a xornada anterior.
Segundo os datos achegados por Sanidade, nos cribados realizados nos últimos días detectáronse ata 20 positivos. Neles, citáronse a 4.157 persoas dos sectores educativo, empresarial e poboacional, das que asistiron voluntariamente 2.650 (un 63,75%).
A maiores do cribado na Raña, entre persoas de 50 a 64 anos, fixéronse probas entre tanto no colexio CPR Inmaculada -537 citados, 500 cribados e 2 positivos-, coma nunha empresa pesqueira do porto, nos que se deron 11 positivos entre os 120 traballadores.
Relacionadas:
-
O Sergas organiza novos cribados en Barro e Cambados
Por Redacción |
-
Caen os casos activos e os novos contaxios, pero aumentan as hospitalizacións por covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Situación estable na área sanitaria con 485 casos activos e 23 hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Os casos activos por covid-19 crecen a 481 e os hospitalizados soben a 24
Por Alejandro Espiño |
-
Xornada sen apenas cambios con 469 casos activos e 21 hospitalizados por covid-19
Por Alejandro Espiño |