As persoas que vivan soas en Ponte Caldelas recibirán unha chamada regularmente para interesarse polo seu estado
Por Redacción
As persoas que residen soas no Concello de Ponte Caldelas contarán a partir de agora cun servizo de acompañamento, segundo indican desde o goberno local.
Este servizo ofrece, de maneira permanente e regular, un acompañamento á soidade para que as persoas que residen en soidade atópanse un pouco máis acompañadas e que saiban que o equipo de goberno, co alcalde Andrés Díaz, atópanse á súa disposición para calquera necesidade que se lles presente, segundo indican desde o Concello.
Todos aqueles fogares en que viva unha única persoa recibirán con regularidade unha chamada da concelleira Leticia Rocha e de Isabel Pregal, coach persoal. Ambas se encargarán de trasladar proximidade, agarimo e dar acompañamento á soidade.
O alcalde indica que é unha prioridade ofrecer esta atención persoal e destaca que a maioría das persoas que viven soas no municipio son mulleres de avanzada idade.