Vilanova continuará no nivel máximo de restricións e Marín, O Grove, Meaño e Cambados no alto
Por Natalia Puga
Vilanova de Arousa continuará a partir do vindeiro luns 3 de maio no nivel máximo de restricións ante a elevada incidencia da covid-19 no municipio.
Así o confirmou este venres o subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19. Acordou o establecemento do nivel máximo en Vilanova de Arousa e tamén en Cualedro e Laza.
Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Marín, O Grove, Meaño e Cambados. Esta decisión supón cambios con respecto ao acordado na reunión do pasado martes, pois pasa a estar neste nivel Cambados, que ata agora se atopaba en nivel medio. Saen Meis e Ribadumia. Meis pasa a nivel medio-baixo e Ribadumia a medio.
Ademais, estarán en nivel alto no resto de Galiciai Petín, A Merca, A Pastoriza, Mesía, Ribeira, Padrón, Salceda de Caselas, Gondomar, Ponteareas e Coristanco.
Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais de Ribadumia, Poio e Vilagarcía de Arousa. Caen deste nivel Sanxenxo, que pasa a nivel medio-baixo, e Cambados por pasar ao nivel alto.
Ademais, a partir do luns tamén estarán en nivel medio Muíños, Verea, O Barco de Valdeorras, Cartelle, Lobios, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Carballeda de Valdeorras, Meira, Chantada, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Melide, Carnota, Ordes, Lalín, Silleda, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui, Vigo, A Laracha, Betanzos, Cambre, Carballo e Ares.
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Relacionadas:
-
Sanidade, "moi pendente" de Marín, cunha incidencia a 14 días de 400 casos
Por Natalia Puga |
-
O Grove recuperará a mobilidade a partir do venres e Vilanova segue no nivel máximo
Por Redacción |
-
Vilanova pasa a partir do luns ao nivel máximo de restricións, no que se mantén O Grove
Por Natalia Puga |