Sinalizan o aparcamento gratuíto limitado a dúas horas
Por Redacción
A sinalización das rúas englobadas na ZONA 2H xa está en marcha. O Concello comezou cos traballos nas zonas de estacionamento delimitadas co horario limitado de dúas horas. Entrará en vigor este luns 3 de maio e será de luns a venres, de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, e os sábados de 8.00 a 14.00 horas.
Tal e como sinalaran dende o goberno municipal de Marín, esta zona é gratuíta. Simplemente farán un control de tempo para garantir a rotación e facilitar atopar un sitio libre. Para levar este control, a Policía Local usará un sistema de lectura de matrículas.
As zonas englobadas son a Avenida de Ourense, Avenida Exército e Mariña, Rúa da Ponte, Rúa de Concepción Arenal, Rúa de Jaime Janer e Rúa do Alcalde Ezequiel Massoni.
Esta ZONA 2H está englobada no Proxecto MARES (Marín Estacionamento público gratuíto), onde están incluídos os aparcadoiros públicos disuasorios e a futura construción dun parking subterráneo.
Dentro da web do proxecto se pode descargar o plano do casco urbano, a listaxe de rúas da ZONA 2H e o Parking Minuto con todos os aparcadoiros disuasorios cos tempos a pé. Tamén poden recollerse trípticos e mapas na Policía Local e Nacional, no Concello, na Biblioteca, no Museo Manuel Torres, nas gasolineiras ou na Finca de Briz.
Relacionadas:
-
Marín fai "moi bo balance" do plan de estacionamento despois de nove meses
Por Redacción |
-
Marín estuda a construción dun aparcadoiro subterráneo de dúas prantas no Parque Eguren
Por Redacción |
-
As obras de humanización da Avenida de Ourense, en Marín, entran na súa recta final
Por Redacción |
-
O PSOE de Marín reclama o aparcamento das parcelas de Virxe do Carmen
Por Redacción |
-
O aparcamento gratuíto limitado a dúas horas entra en vigor o 3 de maio en Marín
Por Redacción |
-
Presentan MARES, un proxecto para ordenar o estacionamento en Marín
Por Redacción |