Plan piloto da Xunta para a reapertura do sector do ocio nocturno
Por Redacción
A Xunta habilitará unha partida de 4 millóns de euros que destinará integramente a paliar os efectos da crise sanitaria e as restricións sobre os negocios de ocio nocturno. Así se acordou este venres nunha reunión con representantes do sector na que tamén se avanzou na progresiva desescalada e reapertura dos seus negocios atendendo á evolución dos datos epidemiolóxicos.
Alfonso Rueda recordou que o ocio nocturno era o que levaba máis tempo sufrindo os efectos da pandemia, "porque foron os primeiros que tiveron que pechar e son os últimos en abrir", de aí que a Xunta decidira habilitar unha partida específica para eles.
O sector puido beneficiarse dos dous plans de rescate postos en marcha polo Goberno galego, que vén de ampliar o seu orzamento en 21 millóns máis, ata superar en total os 180 millóns. Con todo, o vicepresidente primeiro subliñou que precisaban dun "apoio especial", en relación á nova axuda de 4 millóns consensuada co sector, que deberá decidir os criterios para a súa distribución.
No encontro mantido entre o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e ao que asistiu tamén o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, baralláronse as opcións que permitirán poñer en marcha a desescalada cun plan piloto de reapertura do lecer nocturno, cuxa reactivación será gradual, dinámica e reversible en función da evolución dos contaxios, a capacidade asistencial e a posible aparición de abrochos a nivel local.
Como norma xeral, os locais que reabran ao público nesas experiencias piloto aínda por concretar seleccionaranse tendo en conta o nivel de incidencia epidemiolóxica dos concellos nos que se encontran, e terán condicións específicas en canto á súa ocupación en consonancia coas restricións que rexen á hostalería galega, as distancias interpersoais e o uso obrigatorio da máscara, así como o emprego de medidores de CO2 que garantan a correcta ventilación dos locais.
Relacionadas:
-
A hostalería da Boa Vila recibiu 1.500 achegas da Xunta por valor de 3,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
La Pomada porá a proba as medidas para a reapertura do lecer nocturno
Por Redacción |
-
O mercado inmobiliario en Pontevedra permanece conxelado ás portas da reapertura do lecer nocturno
Por Manu Otero |
-
Escepticismo no lecer nocturno pontevedrés ante a reapertura prevista pola Xunta para inicios de verán
Por Manu Otero |
-
Pontevedra retoma Cabos Soltos para impulsar a cultura e a hostalería local
Por Manu Otero |
-
Un ano sen lecer nocturno en Pontevedra: os primeiros en pechar, os últimos en abrir
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Daniel Lorenzo, presidente de Hoempo: "Isto non afecta só os hostaleiros, os políticos vanse a levar un golpe duro"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |