A Asociación O Chedeiro homenaxeará a Manuel Castro, tamborileiro de Aires da Terra
Por Redacción
A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns homenaxeará o próximo 9 de maio a Manuel Castro, o tamborileiro de Aires da Terra.
Ao redor das 19:30 horas comezará un concerto e unha mostra de vestuario empregado polo grupo. Tamén realizarán unha conferencia que tratará sobre a relación de Manuel Castro coa parroquia de Cerponzóns e a participación ao longo de máis de doce anos no grupo creado por Feijóo. Correrá a cargo do secretario da asociación de veciños, Juan José Esperón Recarey.
Esta celebración será o mesmo día que o Día de Europa e o fin do estado de alarma (se non hai cambios). Aínda así, realizarase con aforo limitado e coas medidas de control correspondentes. Será nos exteriores do Centro Social de Cerponzóns e, se a climatoloxía o impide, será aprazado ata novo aviso.