A Policía Local tramita 17 multas, 4 a locais de hostalería, por incumprir as normas anticovid na última semana
Por Manu Otero
A Policía Local de Pontevedra tramitou 17 multas a particulares e locais de hostalería da cidade entre o 26 de abril e o 2 de maio por incumprir as normas sanitarias dirixidas a previr contagios por covid-19. Do total, nove producíronse ao longo da fin de semana.
Os axentes propuxeron para sanción a seis persoas por non levar máscara, outras seis por non respectar o toque de queda e outra por desobediencia.
Con respecto á hostalería, un establecemento de Xeve foi sancionado por permanecer aberto máis aló das 21 horas, mentres que no centro urbano, outro local foi multado por montar veladores sen licenza na rúa Isabel II.
Máis rechamante foi o caso dun negocio situado na rúa Pai Sobreira que foi multado dúas veces o mesmo día por ter instalados máis veladores dos permitidos. "Tiña licenza para nove, pero montara 25", detallou a portavoz do goberno local, Anabel Gulías, antes de explicar o modo de proceder dos axentes, que despois de impoñer a primeira multa volveron pasar polo local e, tras comprobar que non retirara as mesas, volveron tramitar outra sanción.
Relacionadas:
-
Fin de semana sen botellón pero con 15 denuncias Covid na Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian por cuarta vez un bar de Xeve por incumprir as restricións pola pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
A desescalada tamén se nota no número de multas da Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Doce denuncias a bares de Pontevedra por incumprir a normativa das terrazas
Por Oskar Viéitez |