Cribado masivo no IES de Cotobade tras detectarse varios positivos en covid-19 entre o alumnado
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde realizará un cribado masivo con probas PCR IES de Cotobade este martes para poder saber a situación epidemiolóxica do centro educativo despois de que se detectaran varios casos positivos de covid-19 entre o alumnado.
As probas realizaranse ao alumnado dos cursos segundo, terceiro e cuarto de ESO, así como ao persoal docente e non docente do centro educativo.
A maiores, o alumnado de primeiro e o profesorado que imparte clases a este curso xa está baixo control do Sergas porque nos últimos días se detectaron varios positivos.
A aula de primeiro curso está pechada porque se detectaron varios positivos na mesma clase e as autoridades educativas acordaron a corentena para todo o alumnado e profesorado.
O pasado venres xa se detectara un caso positivo dun alumno que foi sometido a unha proba por ser contacto estreito dun positivo en covid-19 e as consellerías de Educación e Sanidade aplicaron o protocolo para estes casos, que implica o seguimento dos contactos directos. Froito deste control, detectáronse dous positivos máis no mesmo curso e acordouse a corentena xeral.
Desta maneira, a clase de primeiro de ESO non ten clases presenciais, pero si en liña.
Relacionadas:
-
O Sergas citará esta fin de semana a 4.800 vilagarciáns de entre 30 e 49 anos para realizar probas PCR
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Cambados e Vilanova de Arousa, en nivel máximo de restricións, tras a xuntanza do Comité Clínico
Por Redacción |
-
Catro positivos no cribado de Cambados
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade instala purificadores de aire nas súas sedes municipais
Por Redacción |
-
O descenso de contaxios tamén se nota nos colexios: a semana empeza con 21 positivos menos nas aulas
Por Redacción |
-
Desinfección periódica das paradas de autobús de Cerdedo-Cotobade para aumentar a seguridade sanitaria no transporte escolar
Por Redacción |