A Xunta construirá en Sanxenxo unha senda peonil na contorna da Autovía do Salnés
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudica a redacción do proxecto de construción dun itinerario peonil na contorna da ligazón da autovía do Salnés coa estrada PO-504, en Sanxenxo.
O contrato foi adxudicado á empresa Interurban SAU por importe de máis de 12.000 euros e un prazo de execución de 6 meses.
O plan trata de definir as actuacións precisas na ligazón da AG-41 coa PO-504 que supón unha barreira para o tránsito peonil pola alta intensidade de tráfico que se rexistra.
Mediante este contrato propóñense o desenvolvemento dun itinerario que evite a ligazón aproveitando o paso inferior da PO-504 baixo a VG-4.1. Unha vez superado ese paso inferior, crearíase unha nova senda peonil no pé do terraplén do ramal norte de ligazón da AG-41, ata chegar ata a glorieta inferior da ligazón.
No proxecto, tamén será necesario incluír a solución para dar continuidade en condicións de accesibilidade ás beirarrúas da PO-504, no tramo inmediatamente anterior ao paso inferior.
Relacionadas:
-
Unha nova senda peonil conectará as dúas marxes da Autovía do Salnés en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Adxudicada a mellora da conexión da Autovía do Salnés coa PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Comeza o proceso de expropiación de terreos para mellorar a ligazón da Autovía do Salnés en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O DOG publica o decreto de expropiacións para a reforma do enlace da Autovía do Salnés en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Infraestruturas aproba a mellora da ligazón da VG-4.1 coa PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |