A veciñanza de Cerdedo-Cotobade terá 20 días para revisar o novo inventario de bens e dereitos municipais
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade somete a exposición pública durante os próximos 20 días hábiles a rectificación do inventario municipal de bens e dereitos pertencentes ao Concello, aprobado en sesión plenaria por unanimidade dos membros da Corporación.
Este expediente estará exposto ao público nas sedes do Concello en Carballedo e en Cerdedo en horario de 9 a 14 horas e de luns a venres e tamén no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Os documentos estará á disposición do público para que poidan ser examinados de xeito exhaustivo por calquera veciño que así o precise e poida presentar, se o desexa, algunha alegación ou reclamación. No caso de que non se presenten ningunha, entenderase elevada a definitiva a rectificación do inventario.
O importe das altas e variacións patrimoniais producidas ascende a un total de 4.621.373,31 euros e fan referencia á incorporación de bens mobles, camiños e bens inmobles.