A festa dos Maios vívese na praza de abastos de Marín
Por Redacción
A festa dos Maios de Marín vívese na praza de abastos. Os maios dos centros educativos e asociacións da vila poderán verse no espazo multiusos.
O Concello decidiu adoptar esta medida para aproveitar as creacións tanto de maios coma de embarcacións que realizaron os centros educativos e diversas asociacións.
O Concello de Marín agradece ao Ateneo Santa Cecilia e aos participantes a súa implicación con esta festa e anuncia que o Museo Torres acollerá hasta o sábado a mostra de maios da artista Cristina Barreiro.