Bueu aproba un recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 166.000 euros
Por Redacción
A corporación municipal do Concello de Bueu celebrou este luns, 3 de maio, unha nova sesión plenaria telemática na que se aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 166.282 euros, que saíu adiante cos votos a favor do grupo de goberno, BNG e ACB, en contra do PP e a abstención do PSOE.
Neste recoñecemento, o segundo deste ano, inclúense facturas que se presentaron no exercicio presente e que se corresponden con servizos do ano anterior.
Segundo apuntou Julio Villanueva, vicealcalde e edil de facenda, "é o ano con menos recoñecementos, o que implica que estamos traballando ben dende o goberno".
Pola súa banda, Elena Estévez, voceira do PP, manifestou a oposición do seu grupo a que se "continúe empregando este instrumento que debería ser para imprevistos como algo habitual".