Os traballadores de Viaqua inician mobilizacións en Pontevedra por "un convenio xusto"
Por Manu Otero
O persoal de Viaqua iniciou este martes en Pontevedra unha serie de concentracións en sinal de protesta contra a empresa pola falta de avances na negociación dun novo convenio colectivo que, segundo os traballadores, debe recoller unha subida salarial e unha mellora nas condicións de traballo para todos os empregados.
A concentración na Praza da Peregrina e a posterior marcha cara á sede de Viaqua na capital foi só o primeiro movemento duns traballadores que non están dispostos a tolerar a "lentitude" coa que a empresa trata de implantar melloras laborais. Esta semana repetirán manifestación en Fene, logo farano en Ourense e finalmente en Santiago. "Se isto segue na mesma dinámica empezamos con folgas a final de mes", advirte o presidente do Comité Intercentros de Viaqua, Fernando Romero.
"Levamos un ano en negociacións e queremos chegar a un acordo coa empresa", sostén o representante dos traballadores. As súas peticións non se limitan só a unha subida de soldos, "tamén reclamamos melloras nas condicións das gardas, dos reténs, para o persoal de depuradoras, un plus de tóxicos. Así como para as persoas que traballan en administración e os técnicos, porque nos tempos que vivimos teñen moita carga de traballo", explica Romero.
Na Praza da Peregrina de Pontevedra concentráronse preto de medio centenar de traballadores nunha mobilización respaldada pola CIG e CC.OO na que, a golpe de megáfono, os traballadores entoaban proclamas como " Viaqua, escoita estamos en loita" ou "convenio de Viaqua, solución", ao mesmo tempo que lucían unha pancarta na que podía lerse: " Traballadores de Viaqua por un convenio xusto".
Relacionadas:
-
A liquidación do orzamento de 2020 permitirá incrementar os investimentos do Concello a 44 millóns de euros
Por Redacción |
-
A aparición dunha poza en Daniel de la Sota obriga a unha reforma da rede de saneamento na rúa
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Froiz e Viaqua seguirán apoiando a cultura de Pontevedra a pesar da extinción do Pazo da Cultura
Por Manu Otero |
-
Pontevedra ten en execución obras de saneamento e abastecemento por 41 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |