Cuntis mellora camiños rurais en Cardecide, Xirei e Loureiro de Abaixo
Por Redacción
Tres lugares de Cuntis, Cardecide, Xirei e Loureiro de Abaixo, contan cos seus camiños rurais completamente renovados tras a actuación que está a desenvolver o goberno municipal con 44.000 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
As obras consisten fundamentalmente, na mellora do firme existente cunha nova base de aglomerado en quente.
Previamente realizouse un barrido do pavimento existente por medios mecánicos, así como a escavación e limpeza das cunetas para a mellora da evacuación das augas pluviais.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, sinalou que este novo proxecto reflicte o compromiso do goberno municipal por seguir mellorando as infraestruturas no rural e por dar resposta ás necesidades da veciñanza facilitando unhas boas conexións por estrada.
A actuación permitirá tamén incrementar as condicións de seguridade viaria e a comodidade dos condutores.