O Sergas citará esta fin de semana a 4.800 vilagarciáns de entre 30 e 49 anos para realizar probas PCR
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os cribados poboacionais que está a realizar o Sergas para un maior control e seguimento da incidencia da covid nos municipios galegos chegan a Vilagarcía. O xerente da área sanitaria Pontevedra-Salnés, José Ramón Gómez vén de informar ao Concello que esta fin de semana serán citados 4.800 vilagarciáns da franxa de idade de entre 30 e 48 anos para a realización de probas PCR.
Dende o Concello pídese aos veciños que reciban a citación que acudan á convocatoria, dada a importancia que os cribados teñen para un maior control da enfermidade por parte das autoridades sanitarias e, consecuentemente, para beneficio de todos.
Este tipo de cribados estanse a facer de forma en diferentes municipios de Galicia co obxectivo de detectar casos asintomáticos de covid, cortar posibles vías de contaxio e ter maior control sobre a pandemia. Ademais, estes estudos permiten facer un mellor seguimento da enfermidade e facilitan unha resposta máis áxil ás medidas que teñan que adoptar as autoridades sanitarias tanto si se comproba unha incidencia á alza, como non caso de que vaia en retroceso.
O cribado farase no recinto de Fexdega onde se está a facer a campaña masiva de vacinación.
VILANOVA DE AROUSA
A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, tamén efectuará no pabellón municipal de Vilanova de Arousa este xoves 6 de maio novos cribados poboacionais con PCR convencional.
Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, vía SMS telefónico, á poboación de Vilanova de Arousa dentre 50 a 64 anos de idade con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello, colectivo que na localidade acada as 1.600 persoas.
Relacionadas:
-
'Salva vidas, lávate as mans', a mensaxe nos centros sanitarios neste Día Mundial da Hixiene de Mans
Por Redacción |
-
"Cústanos controlar O Salnés porque é unha área con máis interacción e movemento"
Por Alejandro Espiño |
-
Catro positivos no cribado de Cambados
Por Redacción |
-
Cribado masivo no IES de Cotobade tras detectarse varios positivos en covid-19 entre o alumnado
Por Redacción |