Contratos de escasa duración e precariedade laboral, o "engano" que atopan os sindicatos detrás do descenso do paro
Por Redacción
Preocupación entre as seccións comarcais dos sindicatos en Pontevedra a pesar da baixada das cifras de persoas desempregadas durante o mes de abril.
Marcos Conde, secretario comarcal da CIG, móstrase moi crítico coas cifras porque, a pesar de ser números positivos polo descenso do paro, considera que é un engano xa que existe unha "precarización absoluta" no sector servizos.
Segundo manifesta, durante o último mes á sede do sindicato nacionalista chegaron sobre todo mulleres denunciando contratos con duración de días ou de horas para traballar no sector servizos durante a Semana Santa. Conde indica que esta situación baixa os datos da lista do paro pero esconde os problemas que afronta o sector servizos e a poboación feminina.
Denuncia tamén que o control de horarios desapareceu debido á pandemia e que numerosos empregados cotizan por catro horas pero están obrigados a traballar unha xornada laboral completa sen que a administración regule estas situacións.
Marcos Conde considera que "non hai nada de que felicitarse" e demanda á Xunta que adopte medidas para incrementar o emprego e para evitar esta precariedade.
COMISIÓNS OBREIRAS
Pola súa parte Maica Bouza, secretaria de Emprego de CC. OO., alerta do abandono do mercado laboral galego e da elevada precariedade laboral que se detectan nos datos de abril. Rexistráronse 65.622 contratos durante este mes, aproximadamente vinte por cada un dos 3260 empregos creados. Unhas cifras que mostran a "escasa duración" de cada contrato.
Reclaman á Xunta de Galicia que leve a cabo políticas de apoio aos sectores produtivos compasando a recuperación sanitaria coa económica.
Bouza lembrou que o desemprego se reduce menos entre as mulleres, 5.043 paradas menos (-4,86%), que entre os homes, 4.898 menos (-6,37%). E observa que a contratación temporal creción un 10,19% mentres que a indefinida baixou nun 19,07% na comunidade autónoma.
Relacionadas:
-
Xornada de concentracións en defensa da sanidade pública e das limpadoras da sede de Tráfico
Por Redacción |
-
Pontevedra, a piques de baixar dos 5.000 parados tras un forte descenso en xuño
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Pontevedra xa ten menos desempregados que antes da pandemia
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Pontevedra xa ten menos desempregados que antes da pandemia
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
"Precisamos outro modelo social e económico máis xusto"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
A CIG toma as rúas de Pontevedra para demandar "unha saída galega xusta da crise"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |