O Ganapán ofrece para a fin de semana talleres de cociña e para descubrir os segredos do mar
Por Redacción
O Ganapán regresa esta fin de semana ao primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra cunha oferta na que se convidará aos máis pequenos a explorar o fondo mariño e a elaborar receitas de hamburguesas veganas e muffins.
O programa de lecer infantil impulsado pola Concellería de Promoción Económica xa ten aberta a inscrición para os obradoiros dos seus espazos Gastro e Crea, que se desenvolverán o sábado 8 e o domingo 9 de maio pola mañá, en dúas sesións cada xornada, ás 11:00 e ás 12:30 horas, e que están destinados á rapazada de 4 a 10 anos.
Tal e como lembra a responsable do departamento municipal, a socialista Yoya Blanco, "o prazo de presentación de solicitudes pecharase ás 16:00 horas do día anterior á celebración dos talleres, é dicir, do venres 7 para os do sábado 8 e do sábado 8 para os do domingo 9".
As inscricións poderán realizarse a través da dirección de correo electrónico oganapan@gmail.com e "terán preferencia á hora de reservar praza os nenos e nenas que non tiveran participado con anterioridade en obradoiros de O Ganapán", explica a concelleira de Promoción Económica.
Para a xornada do sábado 8 de maio está previsto un taller de cociña no que os participantes elaborarán unha receita de hamburguesas veganas elaboradas con legumes e especias. E outro taller chamado ‘Mariñeiros en alta mar!’ no que se confeccionarán uns animais mariños moi divertidos empregando a reciclaxe, as cores e a imaxinación.
Os pequenos que participen nos talleres do domingo 9 de maio terán a oportunidade de cociñar unha merenda saborosa a base de muffins de arandos e de coñecer os segredos do océano nun taller no que poderán observar os peixes e algas que adoitan habitar no fondo do mar.
Como en anteriores talleres do Espazo Gastro, Yoya Blanco lémbralle aos nenos que non se esquezan de levar a súa friameira "para poder levarlles aos seus pais e nais as receitas que fagan en O Ganapán".
Relacionadas:
-
O Ganapán propón receitas de biscoito e ‘mousse’ e a confección de farois e piñatas para esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os talleres do Ganapán traen actividades inspiradas en Exipto e Italia para esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os obradoiros do Ganapán esténdense esta fin de semana ata o luns 17
Por Redacción |
-
Volven as visitas escolares do Ganapán ao Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
As inscricións no Ganapán darán prioridade aos nenos que non participasen antes
Por Redacción |
-
Talleres de cociña, percusión e manualidades con flores esta fin de semana no Ganapán
Por Redacción |
-
Obradoiros creativos e gastronómicos, oferta do Ganapán durante a Semana Santa
Por Redacción |