A alcaldesa de Marín reúnese cos hostaleiros para informar da nova instrución de terrazas
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos mantiveron este mércores unha reunión cos representantes da asociación de hostaleiros Hoempo para analizar a nova instrución relativa á ocupación do dominio público por parte das terrazas dos seus locais.
Ademais, trasladáronlle aos representantes de Hoempo que se porá en marcha, de xeito paralelo, o expediente para a modificación da ordenanza, que terá un período de exposición no que os hostaleiros poderán realizar achegas, "polo que lles pedimos que animasen a todos os donos de locais a participar nesta consulta pública, de tal modo que poidamos contar en todo momento coa súa visión e a súa análise neste proceso", manifestou a rexedora.
Outras cuestións que se trataron tiveron que ver coa axuda de 96.000 euros que o Concello mobilizará para os locais que sufriron os peches polas restricións derivadas da crise, a razón de 1.000 euros por cada un dos 96 locais que se adheriron ao II Plan de Rescate á Hostalaría da Xunta de Galicia.
Por outra banda, os representantes do sector trasladáronlle ao Concello a necesidade de desenvolver iniciativas dirixidas a mellorar a profesionalización do sector da hostalaría en Marín. Desde o Concello xa se lles adiantou que se están a traballar diversas iniciativas dirixidas a conseguir este obxectivo e ofrecer formacións e eventos atractivos a través do Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria, ubicado no Parque Azul.
Con vistas á potenciación da tempada de verán, a alcaldesa e os concelleiros adiantaron que se apostará por un formato similar ao do ano pasado, cun ciclo de actividades, sobre todo musicais e pensadas tamén para toda a familia. O ano pasado escolléronse cinco prazas céntricas, pero o obxectivo deste ano "é que a hostalaría nos propoña novas localizacións que poidan beneficiar a varios locais á vez para sacarlle o máximo rendemento a este formato, no que apostaremos pola cultura máis cercana, un sector que tamén está a sufrir as consecuencias da pandemia", explicaba María Ramallo.
Relacionadas:
-
O Pleno municipal de Marín aprobará este xoves a nova ordenanza de terrazas
Por Oskar Viéitez |
-
Abre o período de exposición pública e alegacións á ordenanza de terrazas de Marín
Por Redacción |
-
O BNG de Marín pide maior control para que as terrazas da hostalería non prexudiquen ao comercio
Por Redacción |
-
Aberto o prazo para realizar achegas á nova ordenanza de terrazas
Por Redacción |
-
Aprobada a instrución previa á ordenanza das terrazas de Marín
Por Redacción |
-
Marín inspecciona as terrazas para renovar as autorizacións de ocupación do espazo público
Por Redacción |
-
Marín modificará a ordenanza de terrazas para axudar á hostalería
Por Redacción |
-
Marín reparte códigos QR entre a hostalería para controlar os aforos e o cumprimento das normas
Por Redacción |
-
Marín e Hoempo facilitarán á hostalería da vila a cartelería informativa sobre o plan de desescalada
Por Redacción |