Todos os maiores de 60 anos terán posta a próxima semana, polo menos, unha dose da vacina
Por Alejandro Espiño
O ritmo de vacinación da cidadanía galega contra a covid-19 acelérase e seguirá facéndoo nas próximas semanas. Así o destacou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que detallou este xoves os próximos plans para a inmunización.
Todos os maiores de 60 anos recibirían a próxima semana, polo menos, unha dose da vacina. O Servizo Galego de Saúde prevé completar a vacinación da poboación entre 66 e 69 anos que, en lugar de recibir AstraZeneca, recibirán o soro de Pfizer.
A partir de aí comezará a vacinación dos galegos e galegas que teñan entre 55 e 59 anos e que non foran inmunizadas ata o de agora por ser persoal esencial.
No seu caso recibirán a vacina de Pfizer ou a de Janssen que, neste último caso, só necesita dunha única dose para completar a pauta de inmunización.
Galicia, segundo Núñez Feijóo -que recibiu onte a vacina de AstraZeneca-, é a cuarta comunidade autónoma con máis poboación cunha dose da vacina.
Só durante esta semana foron (ou serán) vacinadas unhas 240.000 persoas.
Relacionadas:
-
Núñez Feijóo prevé que a máscara en exteriores xa non será necesaria no verán
Por Redacción |
-
O Sergas empeza este martes a administrar a vacina de Pfizer a menores de 60 e cita a 3.900 para o primeiro día
Por Redacción |
-
Na procura de pacientes asintomáticos este luns e o martes en Cambados
Por Redacción |
-
Continúa un progresivo aumento de ingresos hospitalarios por covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
Os hospitalizados por covid-19 alcanzan a trintena nunha área con 492 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Bicos e apertas regresarán ás residencias galegas
Por Alejandro Espiño |
-
Non haberá toque de queda en Galicia nin límites á mobilidade, bares abrirán ata as once e restaurantes ata a unha
Por Alejandro Espiño |
-
Pacientes que acoden ata unha hora antes da cita xeran grandes colas para a vacinación no recinto feiral
Por Redacción & Mónica Patxot |