A Xunta asegura aos concellos que non aprobará parques eólicos fóra de áreas autorizadas na lei do 97
Por Redacción
Os alcaldes dos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Campo Lameiro e un concelleiro de Forcarei reuníronse coa directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, ante a preocupación existente pola posibilidade de instalación parques eólicos en zonas non previstas anteriormente.
Na reunión, segundo informou o Concello de Cerdedo-Cotobade, a representante do goberno autonómico informou os municipios que a Xunta de Galicia informará desfavorablemente calquera parque eólico promovido por unha empresa enerxética privada que queira instalarse fóra das áreas autorizadas pola Lei do ano 1997.
De feito segundo esta explicación a administración galega defende que non promove novos parques, senón que as propostas xurdidas pertencen á iniciativa privada xurdida tras o decreto do Goberno liberalizando o sector.
Uría indicou que todos e cada un dos proxectos que se presenten serán sometidos a un rigoroso procedemento regrado para defender os intereses xerais e ambientais de Galicia.
Tras este encontro o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, sinalou pola súa banda que "seguiremos moi atentos o percorrido que fagan estes proxectos eólicos con incidencia no noso municipio unindo as nosas alegacións ás da Xunta para frear calquera parque que non cumpra coa legalidade".
Cubela avanzou ademais que poñerá ao dispor dos veciños e comunidades de montes todos os recursos legais necesarios no caso de ter que emprender accións en defensa do seu patrimonio natural pola implantación dalgún proxecto eólico inadecuado.
Relacionadas:
-
Charlas informativas en Ponte Caldelas sobre os parques eólicos que afectan o municipio
Por Redacción |
-
Marcha do BNG este domingo desde Xustáns á Fracha contra a construción dun megaproxecto eólico na zona
Por Redacción |
-
O Pavillón de Carballedo recolle a preocupación da veciñanza polo proxecto eólico
Por Oskar Viéitez |
-
A corporación de Cerdedo-Cotobade apoia as alegacións do Concello ao parque eólico de Porto Vidros
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade alegará contra o parque eólico de Porto Vidros
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade ofrece asistencia técnica aos seus veciños para alegar contra o proxecto de parque eólico Siroco
Por Redacción |
-
Os comuneiros e o Concello crean unha comisión de seguimento ante os proxectos eólicos en marcha en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Piden paralizar o trámite de construción do parque eólico Campo das Rosas e Porto Vidros por "incumprir a normativa ambiental"
Por Redacción |
-
O BNG e o PSOE alegan contra o parque eólico Campo das Rosas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Un informe técnico ve "pouco rigoroso e incompleto" o estudio de impacto ambiental do parque eólico "Campo das Rosas"
Por Redacción |