Continúa un progresivo aumento de ingresos hospitalarios por covid-19 na área sanitaria
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés experimenta un incremento, durante o últimos catro días, do número de ingresos nos hospitais de referencia. Segundo informan desde a Consellería de Sanidade, este sábado atópanse 32 pacientes ingresados, dous máis que nos datos facilitados durante o venres.
13 pacientes están hospitalizados no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) mentres que no Hospital do Salnés permanecen once pacientes. A eles hai que sumar oito enfermos covid que se atopan na Unidade de Coidados Críticos de Montecelo, a mesma cifra que durante o venres 7.
449 persoas coa infección atópanse superando a enfermidade nos seus domicilios dun total de 481 casos activos na área sanitaria.
Durante as últimas 24 horas realizáronse 1.546 probas PCR na área, nas que se detectaron 22 novos casos de contaxio da pandemia dos 29 detectados durante este último día. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 13.185 persoas, corenta máis na última xornada. Faleceron por culpa da enfermidade do coronavirus 173 pacientes.
GALICIA
Nestas últimas horas detectáronse 191 novos casos en Galicia, onde permanecen 3.023 casos activos con 149 persoas hospitalizadas e 43 na Unidade de Coidados Intensivos.
Non se rexistraron novos falecementos durante a última xornada.
A incidencia acumulada a 7 días establécese en 45 casos por cada 100.000 habitantes na comunidade autónoma, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 94 casos.
Por áreas sanitarias, Vigo conta con 57 novos casos; A Coruña con 53; Pontevedra, 29; Santiago, 18; Lugo presenta 15; Ourense, 10 e Ferrol, 9 novos casos activos.
Relacionadas:
-
34 pacientes, dous máis nas últimas horas, ingresados nos hospitais da área por covid-19
Por Redacción |
-
Na procura de pacientes asintomáticos este luns e o martes en Cambados
Por Redacción |
-
Primeira dose de vacina para o alcalde e a subdelegada do goberno: "Todo o mundo sensato quere vacinarse"
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Os hospitalizados por covid-19 alcanzan a trintena nunha área con 492 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Todos os maiores de 60 anos terán posta a próxima semana, polo menos, unha dose da vacina
Por Alejandro Espiño |
-
Repunte de casos con 39 novos contaxios na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |