Volven as visitas escolares do Ganapán ao Mercado de Abastos
Por Redacción
As visitas escolares do programa municipal O Ganapán retoman a actividade, suspendida debido á pandemia, a partir do martes 11 de maio cun novo percorrido polo Mercado de Abastos. Ao longo de maio e xuño iranse realizando diferentes visitas.
Neste arranque participarán os colexios CEIP Praza de Barcelos, A Xunqueira II, Marcos da Portela e Álvarez Limeses, segundo informan desde a concellería de Promoción Económica que dirixe Yoya Blanco.
Está previsto que en setembro se retomen as visitas con máis centros educativos. Os roteiros realízanse por quendas, ás 10.00 e ás 12.00 horas, cunha duración de preto de 90 minutos, de martes a xoves, en grupos formados por aulas de 16 a 24 escolares, que se dividen en varios grupos.
Durante o percorrido respéctanse todas as medidas de hixiene e de seguridade, con uso obrigatorio de máscara, higienización de mans, control de temperatura e mantemento de distancias.
Os grupos son recibidos na entrada do Mercado de Abastos e despois percorren os diferentes postos, adaptando os contidos didácticos segundo as idades realizando visitas para coñecer as carnicerías, peixarías, fruterías, postos de verduras, florerías, mariscarías e a zona de ultramarinos. Tamén se achegan ata o Gastroespazo do primeiro piso. Durante todo o traxecto explícase a orixe do edificio e analízanse as embarcacións que decoran o teito. Ademais, os estudantes achéganse ata o espazo do Ganapán onde se realizan actividades como contacontos e prácticas plásticas, entre outras.
Relacionadas:
-
Maratón de talleres culinarios e creativos para público infantil no Mercado durante esta ponte
Por Redacción |
-
Que ben soubo o gazpacho de amorodos dos rapaces do Ganapán
Por Redacción |
-
O Ganapán propón receitas de biscoito e ‘mousse’ e a confección de farois e piñatas para esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os talleres do Ganapán traen actividades inspiradas en Exipto e Italia para esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os obradoiros do Ganapán esténdense esta fin de semana ata o luns 17
Por Redacción |
-
O Ganapán ofrece para a fin de semana talleres de cociña e para descubrir os segredos do mar
Por Redacción |
-
As inscricións no Ganapán darán prioridade aos nenos que non participasen antes
Por Redacción |